Inselt Click idioma Español Click idioma Gallego Click idioma Inglés
      Empresa       Enxeñería Industrial       Enxeñería Civil       Enerxías Renovables       Topografía       Os nosos Proxectos          Contacto      

Fixed Dimensions

Images with fixed dimensions
../images/35x35/1.jpg
OS NOSOS PROXECTOS

ELECTRICIDADE

. Desenvolvemento de topografía e proxectos de electrificación para distintas empresas distribuidoras en Galicia e Madrid, contemplando a modificación ou nova implantación de tres mil quilómetros de liñas de alta tensión, dous mil centros de transformación e vinte e tres mil quilómetros de redes de baixa tensión.

Homologados por GAS Natural Fenosa.

GAS

Proxecto e deseño de novas subministracións e desmantelamento de instalacións existentes en Galicia asociados a empresas distribuidoras.

Homologados por GAS Natural Fenosa.

URBANISMO

Proxecto, topografía e dirección de obra de proxectos de diversos parques empresariais desenvolvidos pola Xunta de Galicia a través do IGVS ou Xestur, na provincia de Ourense.

Proxectos de desenvolvemento urbanístico asociados a distintos plans xerais de ordenación urbana na comunidade autónoma galega.

TOPOGRAFIA

Proxectos de concentración parcelaria en distintos municipios da provincia de Ourense, incluíndo a topografía de 4500 Ha. de terreo e a identificación catastral e localización de 5.300 propietarios.

Levantamento topográfico de tres mil quilómetros de liñas de alta tensión, juntamente co parcelario, a relación de bens e pago dos dereitos afectados polas novas trazas proxectadas.

Levantamento topográfico para o desenvolvemento de distintos parques empresariais na comunidade autónoma galega equivalentes, na súa totalidade, a unha superficie de 650Ha.

Levantamento topográfico de distintos novos aproveitamentos hidroeléctricos na provincia de Ourense.

OBRA CIVIL

Proxecto, dirección de Obra e actividade de novas implantacións industriais relacionadas cos procesos de inxección de plástico para o sector do automóbil.

Proxectos e dirección de obra relacionados co abastecemento, saneamento, depuración e reparación de viario existente, en diversos núcleos rurais pertencentes á comunidade autónoma galega.

Proxecto de recuperación do centro histórico de Ribadavia.

Proxecto de mellora de instalacións urbanas e pavimentación do núcleo rural de San Esteban de Rivas de Sil, co obxectivo de mellorar o acceso ao Parador Nacional da mesma localidade.

INSTALACIÓNS e EFICIENCIA ENERGETICA

Diversos proxectos de aforro e eficiencia enerxética en instalacións de iluminación pública na provincia de Ourense de acordo coa normativa do IDAE.

Auditoría enerxética de distintos edificios administrativos da Xunta de Galicia nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Proxecto de instalacións interiores de Hipercor en Ourense constando de: media tensión, centro de reflexión, iluminación e baixa tensión.

Proxecto de instalacións e actividade do aparcadoiro proxectado na API 06-N correspondente ao PGOU de Ourense.

Proxectos e dirección de obra de Mellora da Eficiencia Enerxética nas instalacións interiores pertencentes aos cinco Centros Penais existentes en Galicia.

Proxectos e dirección de obra de mellora das instalacións nos centros penais de Teixeiro e A Lama, situados na comunidade autónoma de Galicia, para a prevención da Legionella.

Proxectos e dirección de obra da instalación de dous campos fotovoltaicos de 190 kW na comunidade autónoma galega.